Biografía

  • 1902 : Nace en Allariz (Ourense)
  • 1919: Empeza a facer fotos, cando aproba o  Bacharelato en Ourense, e o seu pai lle regala unha cámara. Estudia dereito en Salamanca. Amizade con Don Miguel de Unamuno. Entra en contacto coa Revista de Occidente
  • 1921: Faille fotos as suas irmáns. Comeza a publicar algunhas reportaxes como afeccionado en Vida Gallega  sobre Allariz e a Festa do Boi en Allariz
  • Empeza a fotografar por terras de Salamanca : La Alberca, Candelario, Peña de Francia…
  • 1932: Realiza as series etnográficas da romaría de San Vitoiro     (Allariz), dos oleiros (Niñodaguia), de beiramar (Rias Baixas  Galegas), da malla   (Paicordeiro e San Salvador dos Penedos   no concello de  Allariz), os carros e as feiras. Nestas series podemos apreciar a vinculación coa nova linguaxe das  vangardas  fotográficas.
  • 1932: Publica o libro 50 Fotos de Salamanca con limiar de Don Miguel de Unamuno. Libro tirado en 120 exemplares, realizados con fotografías pegadas directamente sobre as follas.
  • 1934: Realiza para a revista Cruz y Raya  a serie de retratos de Don Miguel de Unamuno.
  • 1935: Publica diversas series en Mundo Gráfico,Mundial , Estampa e Atalaya. Publica en La Nación  de Buenos Aires a reportaxe sobre as romarías Galegas para ilustrar un artigo de Eduardo Blanco Amor.
  • Exposición no Circulo de Bellas Artes de Madrid.
  • Exposición en Paris no Office National Espagnol de Tourisme.
  • Amizade con Benjamin Jarnés.
  • Casa con Mary Santiago Mirat en xuño de 1935
  • 1936: A compañía CIFESA encárgalle facer catro documentais sobre  mariñeiros, oleiros, canteiros, e feirantes. Na primavera do mesmo ano empeza  a facer a película   de Mariñeiros por terras do Morrazo e de Rianxo.
  • Paralelamente realiza a serié fotográfica de Mariñeiros que posiblemente  empezara antes a modo de localización cinematográfica.
  • En decembro deste ano, a piques de rematar a película de Mariñeiros, ten que exiliarse na Arxentina por mor da Guerra Civil Española. Sae por Lisboa en compañía de Manuel Colmeiro
  • 1937: Remata a película de Mariñeiros en Arxentina e a estrea en 1938.
  • 1938: Primeiros anos en Arxentina dedicados ao cine. Empeza a realizar unha serie de  26 películas. Obtén pola película Malambo a Cuncha de Ouro da Academia de Artes y Ciencias de Cinematografía de Buenos Aires. Ingresa  na Academia.
  • Escribe  guións de películas: Marineros y tiburones… 
  • Empeza a facer fotoxornalismo traballando para La Prensa de Buenos  Aires.
  • Publica varias fotos na Revista  Cine Graf e Atlántida (Arxentina).
  • 1942: Publica Nieve en la Cordillera. Libro de fotos publicado en  ocogravado  en Buenos Aires, con un texto seu e dedicado a súa muller Mary e co Vitor da Universidade de Salamanca.
  • 1944: Publica algunhas fotos na revista da Real Sociedad Fotográfica de Madrid con texto de Juan Francés.
  • 1945: Exposición de fotografías: O mar e o home nas costas galegas   na galeria Van Riel (Buenos Aires)
  • 1950: Instálase en Punta del Este.Traballa para  El Día  de Montevideo. Abre unha librería na súa casa El Yelmo de Mambrino.
  • Durante os anos de exilio inicia relacións de amizade con intelectuais do exilio como:  Luis Seoane, Nuñez Búa, Alejandro Casona, Rafael Alberti, Margarita Xirgú, Maruja Mayo, José Bergamin, Ramón Perez de Ayala, Manuel Colmeiro, Laxeiro, Luis Tobío, Jesús Canaval….
  • Publica en Galicia Emigrante.
  • 1953: Primeira viaxe ao Xapón como corresponsal de La Prensa  e de El Día.
  • Fica dous anos no Xapón onde realiza diferentes series fotográficas sobre ese  país, interesándose principalmente pola cultura xaponesa.
  • 1954: Publica fotos na 3ª edición da Guía de Galicia de Otero Pedrayo. Editorial Galaxia
  • 1956: De volta a América dita conferencias e realiza exposicións sobre a vida e a arte no Xapón.
  • Traduce teatro Noh xaponés.
  • Publica en LIFE (segundo as súas testemuñas) e U.S. Camera.
  • 1957: Exposición sobre o Xapón: Vislumbre do Xapón en Amigos del Arte  en Montevideo.
  • 1959: Retorna a Galicia. Retrata a súa familia
  • 1960: Segue como corresponsal de La Prensa publicando entre 1960 e 1971  sesenta e unha reportaxes fotográficas neste xornal (Virginia Woolf, A. Kurosawa, Acrópolis Grega  etc…). Viaxa por España e todo Europa.
  • 1962: Publícase a Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo (Buenos Aires). Colabora coas súas fotografías na parte gráfica, a petición de Luis Tobio.
  • 1965: Realiza a serie sobre La Mancha que responde ao  proxecto de documentar a ruta que percorrera o Quixote na novela de Cervantes.
  • 1966: Para o Libro The Life and Death of the Fighting Bull  encarregado pola Editorial Cassell de Inglaterra con prólogo de J.Marks, fotografía a festa dos touros.
  • 1967:  Instálase en Galicia. Primeiro en Allariz e despois no Hotel Miño de Ourense onde mantén tertulias cos seus amigos.
  • Deixa de consagrarse a fotografía.
  • Últimas exposicións da serie  Mariñeiros na Caixa de Aforros Municipal de Vigo e no 1971 no Museo Arqueolóxico de Ourense.
  • 1974: Morre en A Guarda, Galicia.
  • 1977: Exposición na Casa do Brasil. Madrid.
  • 1979:  Exposición sobre o Xapón en Brest (Francia).
  • 1981: Publícase o libro Galicia, Terra, Mar e Xentes  en Edicións Xerais de Galicia.
  • 1984: A súa obra é incluida na exposición colectiva Idas e Caos  (Comisariada por Joan Fontcuberta) na Biblioteca Nacional de Madrid así como na 1ª Fotobienal de Vigo.
  • 1985: Exponse parte da  súa obra en Ollares no Tempo.UIMP de A Coruña. ‑1992‑Obra na Exposión Tiempo de Silencio. Panorama de la fotografía española de los años 50‑60.
  • 1988: José Suárez 1902-1974. Dentro da 1ª Fotobienal de Vigo
  • 1993: Exposicion de Tiempo de Silencio no Palais de Tokio . Paris.
  • Exponse a súa obra na Sala de Caixa Galicia de A Coruña.
  • Publicase na serie Álbum o libro  José Suárez. Centro de Estudios Fotográficos.
  • 2004:Variaciones en España. Fotografía y arte 1900-1980. Museo MARCO de Vigo
  • 2005: A Galicia Moderna 1916- 1936Xunta de Galicia.Centro Galego de Arte Contemporánea
  • 2011: El Movimiento de la Fotografía obrera-1926-1939. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
  • 2015: José Suárez: Uns ollos vivos que pensan. Xunta de Galicia.Cidade da Cultura de Galicia. Museo Centro Gaias.
  • 2016: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Instituto Cervantes. Madrid
  • 2016: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Centro Cultural Borges. Buenos Aires
  • 2017: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Centro Cultural de España. Montevideo
  • 2017: José Suárez: L’oeil qui pense. Instituto Cervantes. París
  • 2017: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Instituto Cervantes. Tokio
  • 2017: José Suárez: Unos ojos vivos que piensan. Instituto Cervantes. Delhi Madri
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s