Lorenzo Varela

 

                                                         TEXTO DE LORENZO VARELA

 

            Un fotógrafo sin concesiós.- Foi home do desterro. Anos e anos coa homedade enteira, sin trocar endexamáisa lealtade nin pola “paz” do esquecimento  nin pola “elegancia” da indiferencia. Foi home do desterro. Anos e anos co soño da patria sin acougar no sangue, no peito, mesmo no cerne do acento.

         Traballou con intensidade, ás vegadas con teima, maldecindo e bendicindo en castelán i en galego tódalas pedras que o destiño lle iba poñendo no rumo, namentras “encuadraba” un tema ou retellaba o teito da sila vida, furado pora perseguizón.

         Tras sí, na Terra, deixara moitas cousas artelladas, entre elas o primeiro filme documental de outo nivel -xunto con outro de Carlos Velo-, que se fixera en Galicia: “Mariñeiros”.

         Levaba nos ollos a verdade -en positivo i en negativo, a verdade positiva i a verdade negativa-, de tódalas Españas, a verdade triste e leda do seu país galego: unha verdade agoniante sempre, no berce morno da morriña, na tenra e ferinte dialéctica da saudade e da rebeldia.

         Xuntaba fervenza con fidalguíza, mais metendo as dúas categorías nun vieiro segredo, de xeitos calados, serios, a primeira ollada secos, máis vendoselle axiña a viravolta da cordialidade, da xenerosidade, da entrega: e foi asin coma il doóu a lus dos seus olIos, alumeando con ela todas as escuridades que encarou coa sua máquina.

            Cando se cansou de levar premios en tódolos certames, un tras outro, como o millor cameraman da cinematografía arxentina, foise de Buenos Aires: faltáballe o mar, e nin a neve das cumes andinas, puido retélo. Chamábano os pinos, os carballos, as mimosas dos grandes bosques, acarón do mar, no leste uruguaio. Ibao chamando Galicia, os areales das pralas amadas, as xestas dos montes estrelados de pétalos amarelos; todo o que il traduciría en brancos e negros e grises. Era agarimoso, inda que nono parecía, así que se foi indo da pouquiño. Primeiro en longas excursiós os Andes, esquis por diante. Logo, con algún disco da coluna vertebral dislocado de resultas dalgún xiro errado alá nas outras pistas da cordilleira, encamiñouse ás costas da outra banda do Río de la Plata, á “banda Oriental’  que xa soio deixaría pra voltar a Galicia, previa incursión reverente o Xapón e algunha que outra derivación -lixeira-, polos recantos do mundo. (Dende ese cuartel xeral do leste uruguaio, emprendéu as suas enfeitizadas aparicións no Brasil).

                             -E como che déu por escoller o Xapón?

                             -Mira….

            E amosaba un librinho con textos de Gracián no cal o gran aragonés, cando repartia o corpo entre os pobos de Asia, decía: “E pros xaponeses o corazón, pois eles son os españoles de Asia’”

                            -E que vas facer o Brasil?

                          -Vou ver o que ten o Brasil de Ouriental, non sabes?

            Levaba Galicia no sangue, Salamanca na lembranza serea da moceda­de alumeada pola verba de Don Miguel e polas pedras douradas da sabia e fermosa cidade castelán. E iba engadindolle á novela da sua memoria os fios novos de tódolos outros eidos que descobría. Despóis, cando sentía que a morte lle acenaba, anque de lonxe, cargóu con tódolos anacos de planeta que xuntara e foise de pelerín pra súa aldea, co saco do mundo o lombo: miles de “placas” que falaban de pobos e terras e nubens e montañas doutros meridiáns, doutros paralelos, dunhas maneiras de ence­tar o pan da esistencia, de rematar a xornada do vivir.

            I asín, acadullando as derradeiras migallas da lus da Creación, achegouse paseniñamente a beira do río que leva á outra banda 40 misterio.

            Hoxe chéganos dalí, dise pelerinaxe a morte i ás fontes dos seus oríxes, un fato de somas brasileiras que il nos manda dende o alén, todo un universo de estructuras plásticas en branco e negro, en grises infindos, que van dando testemuña do país-continente, de faciana en faciana, de arbre en arbre, de ceo en ceo.

            Coidaba das fotografías, inda cando estaba no meio dos apuros, dunha ponta a outra do proceso, coa mesma polideza que tiña pra todo; pros amigos, pros paisaxes, pro que a xente do “métier” chamaría  arquiteitura interior do seu habitat” -a que il, máis sinxelamente, seguindo a leición de Machado, chamaría “vestimenta da chabola”.

                   Dalá, da morte, das somas do sea esquecimento – “donde habite el olvido “, dixera Becquer e recollera Cernuda-, xurden agora estas imáxens dun Brasil sin ningunha concesion o convencionalismo da tropicalidade, rigorosamente espido, esquemático, cheo de toda isa austeridade non militar, na que a precisión, a nidia trasparencia da verdade humán, e coma a mostración da lóxica: non da lóxica dos símbolos sinon da lóxica do sistema circulatorio da sangue. Unha austeridade, en fin, leda, gozosa, e, ¿por qué non?, sensual.

                   A máis das outras cousas, xustamente por isa xuntanza da austeri­dade coa sensualidade ¿perdoaráseme si digo que unha certa finura galega, consistente dunha milagrosa mistura de respeto e liberdade, anda polo tecido destas luces e somas de Pepe Suares?

            Pódeselle chamar a hora da verdade a esa hora sinalada na que se xoga a vida da imaxe no laboratorio, logo de habela gañado no ollo limpo do fotógrafo, no click de cámara. E a hora da revelación, verba reveladora si as hai, o intre en que se amosa, encadeada pra sempre -é un decir-, un latexo da realidade. Revelación que poderíase chamar, mais humanamente, revolución, como esa revolucionaria revelación na que presentou, contra o chao io ceo de Castela, a figura celtibérica de Don Miguel de Unamuno, e na que o inmorrente mestre de Salamanca segue doándo a sua catedra cotian.

            Esa sorprendente captura que de Don Miguel fixera Suáres alá polos anos trinta, está ausente e presente nestas fotografías, algunhas das cales poden parecer somentes documentáis os olIos non entrenados. Si détls non abrocharan os grises, coma un manancial de craroscuros, entón, nise caso, Suáres houhera sido tan solo un excelente documentalista, que, niste lecer, retrata “parcelas do Brasil.

            Mais non é asin: Suares apartou o trópico previsibel, suprimíu toda posibitidade de atmósfera turística. Deixóunos o Brasil nú-non no senso, velísimo pro feiticeiro demáis, e por demáis repetido, da mulata de turno. Non. Deixóunos un Brasil nu no senso en que se pode presentar espido un país, baixo ise rigor dos olIos xustos, que lle fai competencia o rigor do sol, e vénceo con homildade de fillo, de aprendiz. Vense eiquí algúns xaponeses, cicáis por aquelo de que pra eles é o corazón, que dixera Gracián. Ou cicáis porque Suáres, buscando o que o gran país americano tiña de presuntamente ouriental, topóuse con eles e compríu a sua intuición, o mesmo tempo que nos convidaba a ver como o Brasil non é soio un país-continente:

¿ tambén, un pais-mundo.

 

                                                                      Lorenzo Varela

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s